Mortal Kombat XL estréase en Xbox One e PlayStation 4

martes, 1 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O ano pasado a saga de xogos de loita Mortal Kombat estreou un novo capítulo con impresionantes presentacións cinemáticas e unha xogabilidade totalmente renovada, Mortal Kombat X, chegando tanto a consolas da anterior xeración como da nova, pero agora, para os que queiran gozar da experiencia completa, con todos os contidos adicionais existentes e algúns contidos novos, chega a consolas de nova xeración Mortal Kombat XL, que pode mercarse por 59,99 euros en versións para PlayStation 4 e Xbox One.
Estamos ante o que noutros xogos sería a Edición GOTY, que incluiría o xogo principal xunto con personaxes que foron saíndo tras o seu lanzamento (Predator, Jason Voorhees, Tremor, Tanya e Goro) e outros novos (Alien, Leatherface, Triborg e Bo’Rai Cho) conseguindo así un título máis completo que chega incluso a un prezo de lanzamento 10 euros máis barato. Unha oportunidade moi boa para os que gustan desta saga e deixaran pasar a nova entrega o ano pasado.

Vídeo de presentación de Mortal Kombat XL

PUBLICIDADE