Mortal Kombat X chega a PC, Xbox One e PS4

martes, 14 de abril do 2015 Marcus Fernández

Hoxe sae á venda o agardado e violento xogo de loita Mortal Kombat X nas súas versións para PlayStation 4, Xbox One e PC (Steam), mentres que os usuarios de Xbox 360 e PlayStation 3 terán que agardar ao 30 de xuño para poder gozar deste novo título que promete combinar unhas impresionantes presentacións cinemáticas cunha xogabilidade totalmente renova que conservará a brutalidade propia desta franquía.
Mortal Kombat X permitirá por primeira vez que os usuarios poidan elixir entre distintas variacións de cada personaxe, o que terá impacto tanto na estratexia como no estilo e xogo, á vez que tamén contará con novas funcionalidades en liña, como unha competición persistente en liña onde poderase participar nunha batalla global pola supremacía.
Os usuarios de PlayStation 4 poderán gozar en exclusiva da Mortal Kombat Cup, unha competición integrada na Liga Oficial PlayStation, que permitirá que o campión de España viaxe a Parías para disputar a Final Mundial da Mortal Kombat Cup. Os interesados en participar neste campionato poden comezar hoxe a acumular puntos en partidas rápidas, torneos de fin de semana e outros eventos especiais, nunha fase de clasificación que terá lugar até o 7 de xuño, e que facilitará a elección dos competidores que durante a celebración do Gamergy (entre os días 26 e 28 de xuño) loitarán para facerse cunha praza para a Final Mundial que terá lugar en París o 3 de xullo e onde se repartirán un total de 20.000 euros en premios (os tres primeiros clasificados faranse respectivamente con 15.000, 3.000 e 2.000 euros).

O xogo mantén a violencia propia da saga


Vídeo promocional da Mortal Kombat Cup

PUBLICIDADE