Mophie comercializa unha funda con baterÃa para o Samsung GALAXY S4
martes, 27 de agosto do 2013
Para
ampliar a autonomÃa de smartphones como o iPhone 5 existen fundas que
integran unha baterÃa, e agora tamén temos un
accesorio semellante para o Samsung GALAXY S4, que chega da man de Mophie e
que por 99,95 dólares (74,94 euros) combina unha funda rÃxida que protexe o
móbil das agresións do seu uso diario e unha baterÃa de 2.300 mAh, de xeito que
incrementa nun 80% a autonomÃa do teléfono insignia de Samsung.
Esta funda con baterÃa coñecida como juice
pack véndese en cor branca e negra, pesa 130 gramos e ten un grosor de 17
milÃmetros. Na parte traseira da funda podemos ver catro luces LED que indican
o nivel de carga da baterÃa externa. Cómpre destacar que este tipo de
dispositivos non resultan populares nos móbiles como o GALAXY S4, pois a súa
baterÃa é extraÃble (o que facilita que o usuario poida cambiar de baterÃa
cando se esgota a actual) pero ao servir tamén como protección do terminal,
pode resultar cómodo en situacións determinadas nas que non queremos cargar
varios accesorios (xa que unha vez posta a funda compórtase como unha unidade
co teléfono).
- A funda ten un indicador de carga na súa parte traseira