Monster Hunter: World terá beta exclusiva para subscritores de PS Plus
luns, 30 de outubro do 2017
Durante
a conferencia de Sony na Paris Games Week a desenvolvedora de videoxogos Capcom
anunciou que o xogo Monster Hunter: World contará
con beta exclusiva para usuarios de PlayStation Plus entre os dÃas 9 e 12 de
decembro, avanzando tamén un contido exclusivo para PS4: a posibilidade de
poder contar no xogo co arco de Aloy (protagonista de Horizon Zero Dawn) e o conxunto completo de armadura, asà como unha
armadura para os Palico.
Na beta do xogo será posible probar 3 temibles misións nas que poderemos
xuntarnos a outros cazadores en liña ou enfrontarnos en solitario ás bestas.
Poderase abordar ao carroñeiro Great Jagras e ao fero Anjanath no Bosque
Antigo, ou internarse nas terras desérticas de Wildspire Waste para atopar ao
Barroth.
No evento de ParÃs aproveitouse para estrear un novo tráiler no que podemos ver
a zona de Rotten Vale, ateigada de esqueletos de monstros falecidos, onde se
atopa o Radobaan, unha corpulenta besta que viste os cadáveres dos animais a
xeito de armadura.
Monster Hunter: World sairá á venda
para Xbox One e PlayStation 4 o 26 de xaneiro de 2018, mentres que a versión
para PC do xogo estrearase máis adiante.
Tráiler de Monster Hunter: World estreado na Paris Games Week