Monitor LED de 30 polgadas de HP

martes, 15 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Aínda que á meirande parte dos usuarios os monitores de alta definición son máis que suficientes para o seu traballo diario fronte ao ordenador, moitos profesionais precisan dunha resolución de pantalla aínda maior para, por exemplo, poder editar vídeo Full HD, de aí que HP incorpore ao seu catálogo novos monitores LED entre os que destacamos o HP ZR30w, que cun panel S-IPS e un tamaño de 30 polgadas, ten unha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles.
Non só ten unha resolución moi elevada, senón que esta pantalla ten un acabado de aluminio, conexións DisplayPort e DVI-D, integra un concentrador USB de 4 portos, promete cubrir o 100% do perfil de cor sRGB e o 99% do Adobe RGB, de xeito que sería ideal para profesionais do deseño gráfico e a edición de vídeo, aínda que tamén sería axeitado para o uso para actividades lúdicas coma os videoxogos, aínda que o seu prezo (1.150 euros) parece prohibitivo para tal tipo de uso.

PUBLICIDADE