Modern Warfare 3 chegará cunha edición especial da Xbox 360
luns, 5 de setembro do 2011
No mes de
novembro os seareiros da saga Call of
Duty que queiran facerse cunha consola de videoxogos de Microsoft poderán
facerse cun impresionante paquete
en edición limitada da Xbox 360 con disco duro de 320 Gb xunto co xogo Call of Duty: Modern Warfare 3
con 2 manos sen fÃos, destacando os
compoñentes de hardwrae por estar decorados con motivos do xogo, e a consola
incluso reproducirá son inconfundibles do xogo ao abrir e pechar a súa bandexa
para DVD.
O prezo desta edición
especial será de 319,99 euros, e chegará ás tendas o 8 de novembro, pero
non será un produto que chegue so, senón que paralelamente tamén se venderá un
auricular Bluetooth edición limitada Call
of Duty: Modern Warfare 3 que permitirá falar cos amigos mentres xogamos en
liña (sendo compatible con outros dispositivos Bluetooth como teléfonos
móbiles) que presentará unha aparencia a xogo coa edición limitada da Xbox 360
e incluirá unha base de carga, todo por un prezo de 59,99 euros; e tamén
poderase adquirir un mando sen fÃos edición limitada do mencionando xogo por
49,99 euros, que destaca por contar cunha cruceta que pode transformarse en
disco para adaptarse a distintos modos de xogo.
- Por 59,99 euros poderá mercarse un auricular Bluetooth de Modern Warfare 3