Móbil de Samsung baseado en Symbian OS 9.3

luns, 20 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O sistema operativo para móbiles Symian non é exclusivo de Nokia, e como exemplo temos o novo Samsung i7110, que é un terminal con forma de pastilla, pantalla AMOLED de 2,4 polgadas, HSDPA, Wi-Fi, GPS, acelerómetro, Bluetooth 2.0, USB 2.0, lector de tarxetas microSDHC de ata 16 Gb, cámara de Mpíxeles con flash LED, gravación de vídeo en calidade VGA a 30 fotogramas por segundo (ou a 120 fotogramas por segundo en calidade QVGA), radio FM con RDS e reprodutor multimedia con soporte de MP3, AAC, AAC+, eAAC+, WMA, RealAudio, DivX, H.263, H.264, WMV, MP4 e RealVideo.
Amais, este móbil de 118 x 52 x 12,9 milímetros ten unha autonomía de ata 11 horas en conversa e 427 horas en espera (de conectarse a redes GSM). Este interesante terminal chegará o mes que vén a Rusia, e en breve se introducirá en outros mercados.

PUBLICIDADE