Móbil de Fujitsu con arranque dual Symbian/Windows 7 Home Premium

luns, 16 de maio do 2011 Marcus Fernández

A operadora NTT DoCoMo anunciou que vai levar ao mercado nipón o móbil Fujitsu LOOX F-07C, que cun procesador Intel Atom a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDH de ata 32 Gb), pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, cámaras de 5,1 Mpíxeles e 0,3 Mpíxeles, saída HDMI a través dun adaptador USB, teclado QWERTY deslizante, Wi-Fi N, unhas medidas de 125 x 61 x 19,8 milímetros e 218 gramos de peso que sorprende por permitir o arranque dual nos sistemas operativo Symbian e Windows 7 Home Premium, ou sexa, que traballaría como un smartphone ou coma un ordenador ultraportátil.
Cando funciona como móbil o terminal tería unha autonomía de ata 440 minutos en conversa e 600 horas en espera, mentres que no modo de Windows 7 a súa autonomía caería ás 2 horas. De todos os xeitos, é un curioso dispositivo que serve para tender unha ponte entre os móbiles e os ordenadores persoais, cubrindo a necesidade dalgúns usuarios de levar un ordenador consigo sen ter que cargar cun pesado e voluminoso equipo.

JPEG - 60 KB
O Fujitsu LOOX F-07C pode funcionar tanto con Symbian coma con Windows 7 Home Premium


A xente de Akihabara News puido probar este potente móbil

PUBLICIDADE