Mirror’s Edge e Assassin’s Creed Chronicles: China destacan entre os Xogos con Gold de setembro
mércores, 24 de agosto do 2016
Contra todo prognóstico, Microsoft continúa a ofrecer unha
selección de xogos sen cargo adicional aos subscritores de Xbox LIVE Gold cunha
calidade máis que aceptable, desmarcándose considerablemente da tendencia polos
xogos independentes de PlayStation Plus, e sorprendendo de xeito moi agradable
coa súa escolma do mes de setembro que comeza co descoñecido Earthlock:
Festival of Magic (xogo de rol de Snowcastle Games que se estrea
directamente en Xogos con Gold) o que compénsase sobradamente a partires do dÃa
16 incluÃndo Assassin’s
Creed Chronicles: China (primeira entrega da triloxÃa Assassin’s Creed Chronicles que
converteuse en todo un referente, e que demostrou que este spin-off da saga principal pode destacar por méritos propios grazas
ao seu coidado deseño).
A oferta de xogos para Xbox 360 (que tamén poden xogarse na Xbox One grazas á
retrocompatibilidade) é especialmente boa este mes, xa que durante a primeira
metade entrega o xa clásico de condución Forza
Horizon e completa o mes con Mirror’s
Edge, xogo de plataformas e parkour
que demostrou que o seu xénero podÃa contar con innovacións, e que hai pouco
estreou unha especie de reboot da
saga, como un xeito de traela ás consolas de nova xeración volvendo a contar a
historia cun enfoque lixeiramente diferente (en vez de optar por unha manida
secuela directa).
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold do mes de setembro