Minecraft xa pode descargarse dende New Nintendo 3DS
xoves, 14 de setembro do 2017
A pasada madrugada Nintendo
realizou un novo directo en vÃdeo para presentar as novidades que se
aproxima para Nintendo Switch e a familia de consolas Nintendo 3DS, con
especial atención a Super Mario Odyssey,
pero con moitas sorpresas que foron capaces de eclipsar ao que sen dúbida será
o grande éxito da campaña de Nadal para Nintendo.
O novo grande xogo de Mario chegará ás tendas o 27 de outubro, presentando
numerosas opcións que farán que sexa un dos tÃtulo que máis proveito tire da
Nintendo Switch e que será todo un reclamo para a compra da consola de cara ao
Nadal, confiándose en que nas vindeiras semanas se solucione o grande problema
de existencias que hai aÃnda nas tendas (pois Nintendo tivo grandes problemas
para atender a elevadÃsima demanda desta consola que demostrou ser todo un acerto
ao mesturar consola de sobremesa e portátil). De feito, xa está confirmado que
haberá pack de Nintendo Switch con Super
Mario Odyssey.
A sorpresa de Minecraft
No Nintendo Direct tamén confirmaron a data de lanzamento de Xenoblade Chronicles II, que verá a luz
o 1 de decembro, deron novos detalles sobre Pokémon
Ultra Sol e Pokémon Ultra Luna
(que chegará o 17 de novembro) e, como grandes sorpresas, que pese a ser
produtos pequenos causaron grande
impacto, anunciouse a chegada
de Minecraft a New Nintendo 3DS a
través da eShop (o que aconteceu esta mesma noite) e anunciouse que tamén
haberá versións para Nintendo Switch de DOOM
e Wolfenstein II: The New Order.
O novo Minecraft destaca por permitir
xogar até 8 usuarios simultáneos en liña ou 4 en modo local no televisor (con
pantalla partida) e por incluÃr tamén o Super
Mario Mash-Up Pack que inclúe 40 novos skins
de Super Mario para transformar aos personaxes en Mario, Luigi, a princesa
Peach, Bowser, Wario... asà como a posibilidade de escoitar 15 pezas musicais
de Super Mario 64 mentres contruÃmos
novos mundos usando bloques inspirados na franquÃa de Super Mario.
Máis de 30 xogos para os vindeiros meses
Pero foron moitos máis os xogos dos que deron conta (algúns só uns segundos) como os xogos para Nintendo 3DS Mario & Luigi Superstar Saga + Secuaces de Bowser, New Style Boutique 3, Mario Party: The Top 100, The Alliance Alive, Kirby Battle Royale, Metroid: Samus Return e Appollo Justice: Ace Attorney (deixando claro que a plataforma 3DS seguirá moi viva nos vindeiros meses) e os xogos para Switch Morphies Law, Rocket League, Arena of Valor, The Elder Scrolls V: Skyrim, Snipperclips Plus, Arcade Archives: Mario Bros, NBA 2K18, WWE 2K18, FIFA 18, Pokkén Tournament DX, Project Octopath Traveler, Dragon Quest Builders, Kirby Star Allies, SteamWorld Dig 2, Golf Story, Nine Parchments, Battle Chef Brigade, Tiny Metal, Fire Emblem Warriors, Super Meat Boy Forever, Lost Sphear, Sonic Forces, Resident Evil: Revelations e L.A. Noire (o que confirmarÃa que as third parties confÃan na Switch, algo que non fixeron con Wii U).
Vídeo completo co Nintendo Direct da pasada noite