Minecraft supera o millón de copias vendidas para Xbox 360

martes, 15 de maio do 2012 Marcus Fernández

Os xogos descargables non deixan de superar marcas, e tras a excelente acollida de Trials Evolution, agora chega a xente do estudo Mojang encabezada por Markus Notch Persson e consegue converter a Minecraft: Xbox 360 Edition no xogo máis vendido nas primeiras 24 horas en Xbox LIVE Arcade e, para rematar a faena, conseguen superar o millón de unidades vendidas en todo o mundo en menos dunha semana.
O pasado luns o título rexistrara máis de 5,2 millóns de horas de xogo en liña, máis de 4 millóns de sesións multi-xogador e máis de 2,4 millóns de horas muiti-xogador, dando a entender que este xogo que permite construír mundos sen moverse do sofá está a captar tanta atención na Xbox 360 como fixo no seu día na súa versión para PC, onde destacou polos usos imaxinativos que facían os usuarios desta ferramenta tan curiosa.

JPEG - 149.9 KB
Cos seus curiosos gráficos e a posibilidade de construír mundos enteiros Minecraft conseguiu labrarse unha sona que parece ser a chave do seu éxito

PUBLICIDADE