Minecraft será compatible con PlayStation VR

luns, 7 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Dende Mojang Studios anuncian que a nova actualización de Minecraft para PlayStation 4 será compatible con PlayStation VR, e que estará dispoñible este mesmo mes, facilitando así un xeito moi inmersivo de experimentar con Minecraft, mantendo todos os elementos do xogo orixinal, pero engadindo axustes e indicacións para personalizar a realidade virtual de cadaquén.
Con PlayStation VR Minecraft contará con 2 modos de xogos (Immersive e Living Room) deixando así nas mans do usuario a elección do xeito no que quere gozar da realidade virtual mentres continúa a empregar o mando DUALSHOCK 4 para desprazarse, fabricar, picar e atacar.
Dado que Minecraft xa se adaptara para a realidade virtual anteriormente, esta nova versión puido desenvolverse sen complicacións, polo que todo indica que ofrecerá unha experiencia satisfactoria dende o primeiro momento.

PUBLICIDADE