Minecraft: Story Mode verá a luz o 13 de outubro
venres, 2 de outubro do 2015
O xogo Minecraft
converteuse en todo un fenómeno durante os últimos anos, e aÃnda que este
tÃtulo destaca pola súa liberdade, que abre as portas á creatividade, dende
Telltale Games están a traballar con Mojang para converter este mundo nun xogo
máis tradicional, nunha aventura que levará por tÃtulo Minecraft:
Story Mode, e que verá a luz o vindeiro dÃa 13, con versións para PC,
Xbox 360, Xbox One, PS3, PS4, Wii U, iOS e Android, de xeito que practicamente
calquera xogador poderá meterse na pel de Jesse
(personaxe que pode ser tanto masculino coma feminino) nunha historia que
repartirase en 5 episodios na liña do que fai Telltale Games con outras
aventuras.
O xogador xuntarase con distintos personaxes para embarcarse nunha aventura ao
longo do mundo real (a principal dimensión de Minecraft) na procura da Orde da Pedra para salvar ao mundo dun
horror que se desatou no mesmo. Estes personaxes están interpretados por
populares actores como Patton Oswalt, Scott Porter ou Martha Plimpton, asà como
outros artistas con grande experiencia no mundo da dobraxe de animación, e,
para deixar constancia da boa factura deste tÃtulo, o
vindeiro dÃa 12 vai presentarse mundialmente en Hollywood, nunha proxección
na que poderá verse o xogo en pantalla grande e que será de asistencia de
balde.
Trailer de Minecraft: Story Mode