Mighty No. 9 terá versións incluso para as consolas de videoxogos de nova xeración
mércores, 2 de outubro do 2013
Hai un mes botaba a andar un
proxecto de micromecenado que pretendÃa coller o relevo espiritual do Mega Man
de Capcom da man dos seus propios creadores, agora nunha nova compañÃa
(Compcept), conseguindo superar en apenas 2 dÃas os 900.000 dólares precisos
para permitir que o xogo vese a luz na primavera de 2015, pero o proxecto de
Kickstarter non quixo quedar aÃ, e definiu unha serie de obxectivos en
función das achegas económicas recibidas, de xeito que cantos maiores eran os
ingresos, máis grande serÃa o proxecto.
Temos asà que Mighty No. 9 botou a
andar como un sinxelo xogo para PC, que poderÃa descargarse a través de Steam
para medrar pouco a pouco con novos niveis, contidos adicionais, novos modos de
xogo (incluÃndo modos en liña) e incluso o salto a outras plataformas. Nos
primeiros dÃas confirmouse que o xogo terÃa versións non son para Windows,
senón tamén para OS X e Linux, para confirmarse logo que os usuarios de
PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U poderÃan gozar deste tÃtulo en desenvolvemento,
o que xa era un grande logro, que nas últimas horas foi moito máis adiante, pois
cos máis de 4 millóns de dólares recadados será posible que o xogo tamén vexa a
luz en PlayStation 4, Xbox One, PlayStation Vita e Nintendo 3DS, algo que
actualmente está ao alcance de moi poucos desenvolvementos, dando a impresión
de que só deixaron fóra do proxecto as plataformas móbiles (o que entendemos
que foi unha decisión moi consciente, para manter este novo desenvolvemento
dentro do ámbito das plataformas de xogo tradicionais, pois non podemos
esquecer que boa parte do seu atractivo é o aroma retro que desprende este
prometedor xogo).