Microsoft propón portátiles de 189 dólares para frear aos Chromebooks en educación

luns, 22 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Para potenciar a súa presenza no contorno educativo e favorecer o interese do alumnado pola ciencia e a tecnoloxía Microsoft Education presenta novidades que poden contribuír para frear a expansión dos Chromebooks, entre as que destacan ordenadores portátiles con Windows 10 con prezos que parten de só 189 dólares. Tamén mellorar as posibilidades do software de balde Office 365 for Education, como a posibilidade de escribir documentos só coa voz e facer doado o acceso a traballos en grupo dende dispositivos móbiles.
O equipo que ofertarse por 189 dólares (154 euros) é o portátil Lenovo 100e, ordenador básico cun procesador Intel Celeron Apollo Lake, resultando bastante máis atractivo para os cativos o Lenovo 300e, que sería un convertible con soporte para lapis dixitalizador cun prezo de só 279 dólares (228 euros).
Para mercados emerxentes Microsoft Education en vez de Lenovo optará por JP, fabricante que achega o seu portátil Classmate Leap T303 con Windows Hello por uns 199 dólares e o convertible con lapis Trigono V401 por 299 dólares.
Outro fabricante que tamén está asociado a Microsoft é HP, que ofrece o seu convertible ProBook x360 11 EE por só 299 dólares e o novo HP Stream 11 Pro G4 EE PC que véndese por só 225 dólares. Os equipos de HP destacan por ser resistentes a derrames accidentais, estar reforzados para evitar roturas e contar cunha boa autonomía para evitar ter que encher as aulas con cargadores de corrente.
O software de Office 365 adaptado á educacións continúa a mellorar, incorporando a mencionada función de ditado, a aplicación de OneNote integra libretas de aula, os Teams facilitan a colaboración e a conversa incluso con funcións de tradución, e mesmo o PowerPoint permitirá que os profesores poidan gravar as súas leccións, incluíndo o uso de tinta interactiva, vídeo e narración, para poder engadir as clases a Teams e que os estudantes poidan velas fóra da aula, aproveitando as actividades para unha maior interacción.

O Lenovo 300e é un ordenador convertible cun prezo de só 279 dólares

PUBLICIDADE