Microsoft presenta un portátil con pantalla de 12,4 polgadas
xoves, 1 de outubro do 2020
Os
equipos portátiles de Microsoft teñen cada vez unha maior aceptación, e
atendendo á súa demanda presentan agora unha alternativa compacta ao Surface
Laptop 3 (con pantallas de 13,5 e 15 polgadas), o Surface
Laptop Go, que cunha pantalla táctil PixelSense de 12,4 polgadas, un peso
de 1.110 gramos e unha autonomÃa de até 13 horas pode resultar atractivo para usuarios
que precisan dunha alta mobilidade.
Pese ao reducido tamaño da súa pantalla, estamos ante un equipo cun trackpad
amplo e un teclado completo (cun percorrido de teclas de 1,3 milÃmetros), de
xeito que o seu uso resulta áxil e confortable. Tamén permite a identificación
do usuario mediante Windows Hello grazas a un botón de acendido que integra
lector de impresións dixitais (que pode aproveitarse para protexer arquivos persoais
almacenados en OneDrive).
O Surface Laptop Go conta cun procesador Intel Core i5 de 10ª xeración con até
16 GB de RAM e 256 GB de SSD, cámara de alta definición, micrófono Studio Mics,
altofalantes Omnisonic con son Dolby surround, portos USB A e USB C, toma para
auriculares e conector de carga Surface.
Actualmente está dispoñible para a súa reserva a un prezo de 629 euros para o
modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 799 euros con 8 GB de RAM e
128 GB de almacenamento e 999 euros para o modelo con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento. Chegará ás tendas o vindeiro dÃa 27.
- Estes novos portátiles teñen un deseño elegante, están fabricados con materiais de calidade e están optimizados para o seu uso en mobilidade