Microsoft presenta un creador de imaxes mediante intelixencia artificial

xoves, 13 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Para facilitar a creación de invitacións, tarxetas postais dixitais, gráficos, publicacións para redes sociais e outras imaxes rechamantes de xeito rápido presentan Microsoft Designer, unha nova aplicación incluída en Microsoft 365 (ou sexa no paquete ofimático de subscrición de Microsoft coñecido anteriormente por Office 365) que actualmente ten aberta a súa listaxe de espera para poder acceder á mesma de xeito anticipado, e que fará uso da tecnoloxía de xeración de imaxes mediante intelixencia artificial DALL·E 2 de OpenAI, de xeito que poderemos crear imaxes con simplemente describilas mediante texto.
Esta nova ferramenta permitirá crear gráficos a grande velocidade dende cero, xa que simplemente chega con describir o que queremos, adaptándose as imaxes de xeito consistente ao que queremos crear, para poder producir fermosas imaxes que poderemos publicar como queiramos, estando esta función pensada especialmente para o seu uso en redes sociais.

Vídeo de presentación do Microsoft Designer

PUBLICIDADE