Microsoft presenta ratos e teclados deseñados para Windows 8
luns, 30 de xullo do 2012- Surface chegará ao mercado o vindeiro 26 de outubro
AÃnda que Microsoft sorprendese ao anunciar o seu
produto Surface, o certo é que a compañÃa de Redmond si ten moita
experiencia fabricando hardware, pero non equipos completos, senón accesorios,
e para demostrar que nese ámbito ten moito que dicir, anuncia
hoxe os teclados e ratos que deseñaron pensando no futuro Windows 8,
sistema operativo que chegará ao mercado o vindeiro 26 de outubro, data
na que tamén está confirmada a chegada do devandito tablet Surface ao mercado
(cando menos na súa versión con Windows RT).
Un dos produtos máis sorprendentes de Microsoft para Windows 8 serÃa o Wedge
Touch Mouse, rato sen fÃos con tecnoloxÃa BlueTrack (de xeito que funcionará
sobre practicamente calquera superficie) que ten unha superficie táctil a xeito
de trackpad para realizar desprazamentos en 4 direccións e navegar empregar os
dedos. O seu deseño ultracompacto permitirÃa transportalo dun xeito cómodo. Este
produto terá un prezo de venda de 69,95 dólares.
- O Wedge Touch Mouse estarÃa a medio camiño entre rato e trackpad
Como complemento ao Wedge Touch Mouse teriamos o Wedge Mobile Keyboard, un
teclado ultrafino que estarÃa deseñado principalmente para permitir unha cómoda
entrada de texto en tablets, que destaca por contar cunha funda de protección
que pode transformarse nun soporte para un tablet. ComunÃcase mediante
Bluetooth e o seu prezo de venda será de 79,95 dólares.
Máis tradicionais serÃan o Sculpt Touch Mouse e o Sculpt Mobile Keyboard, que
custarán 49,95 dólares cada un e que serÃan unha oferta bastante equilibrada e
claramente máis asumible para ter unha boa experiencia de uso de Windows 8.
Tamén cómpre destacar que o actual Microsoft Touch
Mouse, rato que actualmente só funciona baixo Windows 7, recibirá a
correspondente actualización para poder tirar proveito das súas prestacións
baixo Windows 8.
- Os teclados e ratos da familia Wedge Touch parecen a proposta máis completa para complementar equipos táctiles con Windows 8/RT