Microsoft presenta moitas novidades para a familia de produtos Surface
mércores, 3 de outubro do 2018
A pasada noite Microsoft
realizou unha presentación centrada na súa gama de produtos Surface
aproveitando o lanzamento da actualización de outubro de Windows 10, aÃnda que
os novos equipos informáticos só chegarán a EE.UU. e Reino Unido antes de
rematar do ano, de xeito que teremos que agardar a 2019 para velos en España de
xeito oficial.
A familia de tabletas máis veterana de Microsoft chega á súa sexta iteración, e
asà temos a Surface Pro
6, tableta con peaña que agora integra procesadores Intel de 8ª xeración e
catro núcleos que supón unha mellora de velocidade de máis do 67% fronte á xeración
anterior.
Os primeiros portátiles ordinarios de Microsoft estrean segunda xeración, sendo
o Surface
Laptop 2 unha actualización bastante conservadora, que supón basicamente a
integración de procesadores Intel Core de 8ª xeración, acelerando a velocidade dos
equipos até un 85%, mantendo autonomÃa.
Un detalle que si cambia nos dous equipos anteriores é que agora será posible adquirilos
tamén cun acabado en cor negra, adaptándose asà aos diversos gustos dos
usuarios.
O equipo sobre o que habÃa máis interese tamén renovouse, e asà temos o Surface
Studio 2, un impresionante ordenador de sobremesa todo-en-un con pantalla
táctil e soporte de lapis dixitalizador que pode abaterse para transformarse
nunha tableta gráfica que poida ser de grande utilidade para usos creativos.
Esta revisión engade gráficas de nova xeración, co que conseguen unha mellora
de rendemento dun 50%. A pantalla tamén é agora un 38% máis brillante e cun 22%
máis de contraste.
E a sorpresa da xornada foron, sen dúbida, os Surface
Headphones, uns auriculares pechados con cancelación de ruÃdo que ofrecen
unha grande experiencia sonora e permiten tamén tirar proveito do asistente
persoal de Windows, mentres que a súa estética casa cos produtos da gama Surface.
O seu prezo de mercado será duns 349 euros e aÃnda que esteamos ante un produto
optimizado para Surface, pode libarse con calquera dispositivo Bluetooth (ou
sexa, que podemos ter os auriculares enlazados co smartphone e co ordenador ao
mesmo tempo).
No mercado estadounidense tamén lanzan Surface All
Access, unha oferta de financiamento da compra de equipos Surface con
accesorios e subscrición a Office 365 que parte de 24,99 dólares/mes, na liña do
que hai pouco fixeron con Xbox One.
- Os Surface Headphones conta con son sen fÃos e cancelación de ruÃdo activa
- O Surface Studio 2 pode empregarse como unha tableta gráfica para traballos creativos