Microsoft orientará ao dixital os seus eventos até xullo de 2021

martes, 7 de abril do 2020 Marcus Fernández

O congreso para desenvolvedores de Microsoft que tería que celebrarse en maio leva preto dun mes cancelado, pero esta edición do Build podería non ser a única que non tivese lugar presencialmente, e un comunicado de Microsoft apuntaría a que a situación provocada pola COVID-19 levaría a unha reestruturación do calendario de eventos da compañía de Redmond, que decidiu que todos os eventos externos e internos até xullo de 2021 serán prioritariamente dixitais.
Microsoft continuará a supervisar a situación, para facilitar que a comunicación entre persoas sexa o máis directa posible. Eventos como o MVP & RD Summit previsto para entre o 28 de marzo e o 2 de abril de 2021 tería confirmada a súa edición dixital.
Esta decisión de Microsoft podería ser imitada por moitas outras compañías nos vindeiros meses, de xeito que as actividades en liña non serán o plan B, de xeito que unha crise como a actual non supoña a cancelación das actividades programadas, mentres que os encontros principais celebraranse sempre que sexa posible.

PUBLICIDADE