Microsoft leva a intelixencia artificial á seguridade informática

martes, 28 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Microsoft anunciou que está a levar a vindeira xeración da intelixencia artificial á ciberseguridade co lanzamento de Microsoft Security Copilot, unha ferramenta moi precisa para detectar e responder rapidamente ás ameazas e comprender mellor o panorama de ciberameazas en xeral.
Security Copilot combina a experiencia de Microsoft na industria da ciberseguridade e o seu coñecemento en intelixencia contra ameazas para axudar aos profesionais da seguridade e complementalos a través dun asistente de intelixencia artificial moi sinxelo de empregar.
A nova ferramenta está deseñada para traballar de xeito fluído cos equipos de seguridade, aos que achega a visión do que está a acontecer no seu contorno, poder aprender dos informes dos que dispoñen, correlacionar a actividade de ameazas e unha toma de decisións de xeito máis informado e eficiente, á velocidade dunha máquina.
Microsoft Security Copilot simplificará a complexidade dos ataques informáticos e amplificará as capacidades dos equipos de seguridade, ao resumir e achegar sentido á ciberintelixencia; proporcionará acceso continuo aos modelos de OpenAI máis avanzados para dar soporte a tarefas e aplicacións de seguridade esixentes, aprendendo e mellorando continuamente para que os equipos de seguridade estean actualizados e operen coa información máis actual sobre os atacantes, as súas tácticas, técnicas e procedementos; e está baseado na plataforma de Microsoft e a intelixencia de ameazas líder do sector. Actualmente está en versión preliminar privada.

PUBLICIDADE