Microsoft integra tecla de Windows en 2 novos ratos

venres, 24 de maio do 2013 Marcus Fernández

Para unha boa experiencia de usuario con Windows 8 Microsoft vai pór á venda nas vindeiras semanas un par de novos ratos que destacan por ter tecla de Windows, para facilitar o acceso rápido e doado a prestacións específicas de Windows.
Este mesmo mes termos por 29,95 euros o Sculpt Mobile Mouse, unha evolución do Wilress Mobile Mouse 3000 que inclúe a mencionada de Windows, compatible tanto con Windows 7 e 8. Facilita desprazamentos en catro direccións, resultando especialmente atractivo o desprazamento lateral para a pantalla de inicio de Windows 8. Este rato ten un deseño compacto, usa tecnoloxía BlueTrack e inclúe un pequeno receptor USB.
Máis completo é o Sculpt Comfort Mouse, que chegará en xuño a un prezo de 39,95 euros, conta cunha banda táctil de cor azul nun lateral que facilita a navegación en Windows 8 deslizando o dedo sobre a mesma, mentres que ao premela leva á pantalla de inicio. Con xestos na banda azul tamén é posible mudar de aplicación de Windows 8 ou amosar todas as aplicacións abertas, evitando así os molestos movementos polos bordes da pantalla que hai que realizar con ratos ordinarios. Este rato con tecnoloxía BlueTrack funciona con Bluetooth, polo que evita o uso dun receptor USB.

PUBLICIDADE