Microsoft e as Balears colaborarán para tirarlle partido as TIC no turismo

xoves, 25 de setembro do 2008 Fernando Sarasketa

As novas tecnoloxías da información seguen a ser gran navalla suíza. Aplícanse a todo e con diversas finalidades, malia que todas elas están xorden do mesmo: de axudarnos a facelo todo máis doado e rendible. Aínda así, hai elementos especialmente susceptibles de tirar partido do dixital. Por exemplo: as actividades turísticas. En boa medida, e tal e como puidemos ver no informe presentado os días pasados por Red.es, porque case todos os implicados (usuarios e empresas) neste sector usan a Rede para comunicarse e interrelacionarse. Tendo en conta isto, ten a súa lóxica que máis tarde ou máis cedo unha empresa ou ente público se decidise a habilitar un espazo de investigación que afondase neste fenómeno: na relación especialmente saudable entre hostalería e redes. Ese é precisamente o oco que semella que están a cubrir Microsoft e o Goberno de Les Illes Balears, que veñen de subscribir un acordo (na imaxe) para impulsar a creación do primeiro centro de innovación conxunto especializado no eido das tecnoloxías para o turismo.
O espazo de investigación, que estará situado no Parque Balear de Innovación Tencolóxica (ParcBIT) que depende da Consellería d´Economía, terá dúas finalidades ben definidas e complementarias entre si: por unha banda avaliar e procurar novos xeitos de tirar partido das novas tecnoloxías entre as empresas do sector turístico (tan de primeira orde para economía das Illes e para a do resto do Estado español en xeral) e, pola outra, promover o seu uso entre os viaxeiros.
Na sinatura oficial do acordo, ao que tamén se sumou Turistec (Agrupación Empresarial Innovadora), fixeron acto de presenza Francesc Antich i Oliver (presidente do Govern) e máis María Garaña (máxima responsable de Microsoft Ibérica). No transcurso do encontro avanzáronse unhas cantas das liñas estratéxicas que marcarán a actividade do centro:
· Configurarase como un polo de coñecemento que procure converterse en referencia mundial na aplicación de TICs para o turismo.
· O Centro promoverá a aceleración no afianzamento de ferramentas para o fomento da competitividade na industria.

PUBLICIDADE