Microsoft convida ás ONG a multiplicar a súa acción social mediante o emprego das TIC
mércores, 29 de outubro do 2008
Co
principal obxectivo de informar e formar ao terceiro sector sobre cómo poden
mellorar o seu funcionamento interno e multiplicar así o impacto social das
súas actividades solidarias, “desenvolvendo
todo o seu potencial”, Microsoft
Ibérica vén de reunir en Madrid a 70 oganizacións non gubernamentais nun
encontro anual impulsado pola compañía.
Baixo
o título, En que nos axuda a tecnoloxía?,
neste encontro espuxéronse, de xeito práctico, tanto as solucións tecnolóxicas
como os recursos que as ONG teñen ao seu alcance para poñelas en marcha e obter
un rendemento o máis optimizado posible das actividades que se levan a cabo.
A
inauguración deste encontro, no que colaboraron a Fundación Chandra, a
Fundación Tomillo e Technosite, contou coa presenza de Olvido Nicolás,
directora de Responsabilidad Corporativa de Microsoft Ibérica e de Carlos de la Iglesia, director de
Desenvolvemento Corporativo de Microsoft Ibérica, quen mostrou a súa
satisfacción por poñer a disposición das ONG españolas as ferramentas e os
recursos necesarios “para contar cunha
infraestrutura que lles permita chegar cada día máis lonxe na súa loita pola
igualdade social”.
Pola
súa parte, Felipe Giner, responsable do Laboratorio de Innovación Social da
Fundación Chandra, amosou como as ONG “poden
aproveitar as canles solidarias en Internet, redes virtuais de xornalistas e
fontes de información ou buscadores especializados no traballo voluntario para
difundir as súas actividades” e aplicar as tecnoloxías na xestión diaria
das entidades sociais.
Dende
a Fundación Chandra, tamén se informou aos asistentes sobre SoluciónsONG, “un innovador espazo web”, afirman, “dirixido a compartir coñecemento e boas
prácticas no terceiro sector”.
Este
portal ofrece todo tipo de contidos relativos á xestión interna, buscadores de
subvencións, aula virtual e, sobre todo, un completo servizo de asesoría en
liña no que voluntarios expertos en distintas áreas despéxanlle ás
organizacións dúbidas sobre cuestións legais, fiscais, de xestión,
tecnoloxía... Trátase dunha comunidade de 490 voluntarios, 36 deles empregados
de Microsoft, que atenden consultas acerca da instalación e emprego das novas tecnoloxías.
Os seus responsables veñen de informar que a rapidez de resposta é valorada
polos usuarios deste portal cun 9,07.
Programa Dono de Microsoft
O
encontro tamén serviu para lembrar os beneficios do programa Dono polo que Microsoft,
xunto con Technosite, ofrece unha vía de doado acceso para que as ONGs poidan
conseguir o software imprescindible para mellorar o seu funcionamento a tan só
un 4 por cento do seu coste real no mercado.
A través da páxina oficial deste Proxecto, as ONGs poden obter os
progamas de máis difusión do mercado (dende Windows ata Microsoft Office
pasando por produtos para servidores) e, segundo apuntou o director de
operacións de Technosite, Lorenzo Alconero, máis de 650 ONG xa se suscribiron
ao devandito programa.
