Microsoft 365 ofrecerá novos xeitos de traballar grazas á intelixencia artificial

xoves, 16 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Microsoft anunciou hoxe que está a levar a potencia da intelixencia artificial de vindeira xeración ás súas ferramentas de produtividade no lugar de traballo con Microsoft 365 Copilot, solución que está en fase de probas cun grupo selecto de clientes empresariais e que combina o poder dos grandes modelos de linguaxe con datos de negocio e as aplicacións de Microsoft 365 para mellorar a produtividade e levar as habilidades a un nivel superior.
Microsoft 365 Copilot non só permitirá mellorar o xeito de facer as cousas de sempre, senón que pode verse como un xeito completamente novo de traballar. Funcionará de dous xeitos: integrado nas aplicacións de Microsoft 365 (Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Teams...) e con Business Chat (solución que emprega o modelo de linguaxe coas aplicacións ofimáticas para facer tarefas que antes non eran posibles, como dar ordes complexas en linguaxe natural do estilo «explícalle ao meu equipo de traballa como actualizamos a estratexia do produto»).
Queda agora agardar a que estas ferramentas cheguen a todos os usuarios de Microsoft 365, o que si suporía unha grande vantaxe das ferramentas de Microsoft fronte a calquera outra solución ofimática no mercado.

PUBLICIDADE