Micro-Flip, un cable micro USB reversible que busca financiamento
venres, 10 de xullo do 2015- O deseño do conector do Micro-Flip permite que funcione en dispositivos actuais en calquera sentido
Os portos USB tipo C están a ser bastante ben recibidos,
entre outras cousas, por ser reversibles, facilitando moito o seu uso no dÃa a
dÃa, pero dende Kickstarter están a organizar unha campaña
de micromecenado para financiar Micro-Flip, un cable micro USB que é capaz
de funcionar de xeito independente ao sentido no que se conecte a dispositivos
actuais, sen ter o problema de que non encaixe, grazas a un deseño bastante
intelixente que agradecerán os que queiran evitar tal dificultade mentres non
se impoñen os novos conectores.
Esta campaña busca xuntar 15.000 dólares (obxectivo que previsiblemente
superarán en breve) e de trunfar permitirÃa que os seus mecenas reciban en
outubro un destes revolucionarios cables que custarÃan 12 dólares (10,76 euros)
para unha lonxitude de 1 metro e 15 dólares (13,45 euros) para o modelo de 2
metros de lonxitude. Tamén aceptan peticións de varias unidades para conseguir
descontos por volume.
Cómpre destacar que a solución adoptada para deseñar un cable micro USB
reversible fai que non sexa compatible cos sistemas de carga rápida cos que
contan numerosos smartphones actuais, xa que o deseño do Micro-Flip fai uso de
5 pins, mentres que os sistemas de carga rápida fan uso de pins para poder transmitir corrente
adicional.
- O cable pode adquirirse en lonxitudes de 1 ou 2 metros por 12 e 15 dólares respectivamente