Metal Slug 2 estréase en Android e iOS
xoves, 7 de febreiro do 2013
Grazas as posibilidades que permite a emulación de plataformas
de xogo clásicas SNK Playmore estreou hoxe en
Google Play e na App
Store a 3,59 euros o seu xogo Metal
Slug 2, un magnÃfico shooter de
acción de desprazamento horizontal que arrasara a finais dos anos noventa en
máquinas recreativas (concretamente en Neo Geo) e que pode asà gozarse en
smartphones e tablets facendo uso de controis virtuais en pantalla.
Conta con dúas modalidades de xogo (arcade e misión), permite manexar aos
protagonistas do primeiro xogo da franquÃa (Marco e Tarma) aos que se unen
tamén dúas soldados (Eri e Fio) para rescatar a prisioneiros de guerra,
incorpora numerosas armas e vehÃculos e, como novidades desta versións, temos
que é posible activar o disparo automático para un xogo máis doado e o modo
fiestra (que sitúa os mandos virtuais fóra da pantalla na que transcorre a acción),
sendo tamén posible tirar de Bluetooth para xogar de xeito cooperativo.
Con esta estrea Metal Slug 2 súmase a
Metal Slug, Metal Slug 3, Blazing Star
e outros xogos da época que xa están dispoñibles nas tendas de descargas para
dispositivos móbiles enriquecendo a oferta para os amantes dos videoxogos retro ou que, simplemente, gustan das
mecánicas de xogo máis arcade.