Metal Gear Solid V: Ground Zeroes destaca entre os xogos de PlayStation Plus para o mes de xuño
mércores, 27 de maio do 2015
O
vindeiro 3 de xuño Sony renovará o catálogo de xogos instantáneos que
poderÃan conseguir sen cargo adicional os subscritores de PlayStation Plus, que
parece querer redimirse tras un mes bastante decepcionante (xa que os 6 xogos
dispoñibles eran todos tÃtulos de estudios independentes que resultaban
descoñecidos para case todos os xogadores).
Temos asà que os usuarios de PlayStation 4 poderán comezar xuño con bo pé, xa
que poderán descargar Metal
Gear Solid V: Ground Zeroes, o que é unha excelente oportunidade para
recuperar a figura de Snake antes do lanzamento de Metal Gear Solid V: The Phantom Pain; e non só iso, senón que tamén
poderán conseguir a Bone-A-Fide Edition
de Skulls
of the Shogun.
Os usuarios de PlayStation 3 tampouco teñen motivo de queixa pois, aÃnda que Cloudberry
Kingdom é un xogo de plataformas pouco coñecido, pero vese de sobra
compensado por Call
of Juarez: Gunslinger, un western
que conta unha viaxe épica dun cazador de recompensas na procura dos foraxidos máis
famosos do Salvaxe Oeste.
Máis decepcionados poden estar os usuarios de PS Vita, que seguen sen grande
xogos, e teñen que conformarse con Futuridium
e Super
Exploding Zoo, xogos que tamén poden executarse na PlayStation 4.
VÃdeo promocional dos xogos instantáneos de PlayStation Plus para o mes de xuño