Metal Gear Solid 3: Snake Eater 3D terá unha edición especial moi exclusiva
venres, 20 de xaneiro do 2012
Nos últimos dÃas soubemos que o xogo Metal Gear Solid: Snake Eater 3D para a Nintendo 3DS chegará ás
tendas o 8 de marzo, pero os máis fieis seguidores da saga de Hideo Kojima
posiblemente queiran facerse coa edición especial do xogo, que venderase cunha
consola personalizada (cunha aparencia de pel de serpe) por 22.980 iens (230,72
euros), pero finalmente parece que vai
ser moi complicado facerse con este produto tan especial, pois cando menos
no Xapón só estará dispoñible para os usuarios que se rexistren na tenda en
liña de Konami, onde se sorteará a posibilidade de mercar este paquete de
consola + xogo.
De todos os xeitos, aÃnda queda a esperanza de que Konami decida replicar unha
campaña semellante nos EE.UU. e Europa, para que os interesados en facerse con
esta edición especial non teñan que recorrer a poxas en liña nas que poderÃa
acadar prezos desorbitados.
- A Nintendo 3DS de Snake Eater 3D terá un acabado de pel de serpe