Metal Gear Solid 3: Snake Eater 3D non sairá en 2011

mércores, 27 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Os seareiros da saga de Metal Gear Solid que querían revivir o clásico MGS: Snake Eater na súa Nintendo 3DS van a estar lixeiramente decepcionados ao saber que finalmente o xogo non verá a luz en Europa durante 2011, pois ao parecer a data de lanzamento que anunciara no seu día o creador da franquía, Hideo Kojima, referíase á estrea nipona de Metal Gear Solid 3: Snake Eater 3D, e a súa chegada a EE.UU. e Europa non se espera ata primeiros de 2012, converténdose nun título máis en demorar a súa chegada á 3DS (consola para a que os xogos están a facerse de rogar excesivamente).
Esta nova tampouco debe de agradar especialmente a Nintendo, pois parece que de cara ao Nadal no catálogo de xogos da 3DS só van destacar títulos first party, ou sexa, da propia Nintendo, mentres que os xogos doutras compañías, tan importantes para que os usuarios teñan confianza na plataforma de xogo a longo prazo, están a ter unha presenza moi modesta.

PUBLICIDADE