Memoria USB de tamaño realmente reducido

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

As memorias USB teñen cada vez máis capacidade, e esta maior integración tamén permite reducir o seu tamaño á mínima expresión, e coma exemplo disto temos na tenda de Brando o EagleTec USB Nano Flash Drive, unidade que só mide 19 x 15 x 6 milímetros e pesa 3 gramos, de xeito que ocupa só un pouco máis que o propio conector USB, de xeito que apenas sobresairía ao estar conectado ao ordenador.
O dispositivo é compatible con USB 1.1 e 2.0, ten unha capacidade de lectura de ata 15 Mb/seg. e de escritura de 6 Mb/seg., e a súa capacidade é de 4 ou 8 Gb, vendéndose a 22 e 33 dólares (16,92 e 25,38 euros) respectivamente.

PUBLICIDADE