MemUp comercializa novos reprodutores/gravadores de alta definición con acceso á Rede

xoves, 24 de xuño do 2010 Marcus Fernández

MemUp está a vender en España un novo reprodutor multimedia con disco duro que véndese en capacidades de entre 500 Gb e 2 Tb e que, aparte de reproducir contidos en múltiples formatos e contar con dobre sintonizador de TDT de alta definición (para poder ver unha canles mentres grávase outra), destaca por tirar proveito da súa conectividade tanto para levar a Internet ao televisor, facilitando o acceso a Picasa, Flickr, YouTube e outros servizos (ou para realizar descargas da rede BitTorrent de xeito autónomo).
O MemUp Mediadisk ZX HD soporta formatos de vídeo coma AVI, MP4, MOV, RMVB, XviD, FLV, MKV, WMV ou TS entre moitos outros, con resolucións de ata 1.080p, distintos formatos de audio (DTS, Dolby Digital, MP3, WMA, WAV, OGG, AAC, LPCM e FLAC) e de imaxes (JPEG, BMP, PNG e GIF). Conta con 2 portos USB 2.0, lector de tarxetas SDHC/MMC/MS, Fast Ethernet (aínda que tamén pode dotárselle de Wi-Fi a través de USB), RCA, saída óptica de son e HDMI 1.3.
Este gravador/reprodutor multimedia ten un prezo de partida de 229 euros (sen Wi-Fi) e de 259 euros (con Wi-Fi), dependendo o seu prezo da capacidade de disco incorporada.

O Mediadisk ZX HD conta cunha boa conectividade

PUBLICIDADE