Mega Man 10 volverá a través de WiiWare
xoves, 10 de decembro do 2009- Mega Man 10 presentará uns gráficos propios dos xogos de 8 bits
A
revista Nintendo Power confirmou nas páxinas do seu último número que a
plataforma de venda de xogos descargables para Wii (WiiWare) recibirá unha adaptación do clásico Mega Man 10, que conservará a
esencia do xogo orixinal para NES e contará con 3 personaxes xogables,
confirmando polo momento 2: Mega Man e o seu irmán Proto Man. Entre os
inimigos, polo momento está confirmada a aparición de Sheep Man, unha especie
de ovella robótica capaz de transformarse en 4 nubes que lanzarán lóstregos ao
xogador.
O xogo contará entre as súas caracterÃsticas a posibilidade de xogar nun modo
doado, o que agradecerán os que non estean afeitos á dificultade dos clásicos
arcade, e prefiran un xogo máis ocasional.
|