Max recupera a marca HBO Max
mércores, 9 de xullo do 2025
Os cambios de marca da plataforma de vÃdeo baixo demanda da Warner por fin remataron, e dende hoxe o servizo que respondÃa ao nome de Max en España dende o 21 de maio de 2024 recupera a marca HBO Max, o que desta volta só suporá para os usuarios un cambio estético, de xeito que, ao actualizar a aplicación nos seus dispositivos verán como se renova o seu logotipo na icona da aplicación e na interface da mesma, sen precisar cambios de configuración como si aconteceu en cambios anteriores.
O afastamento temporal da marca HBO buscaba conectar mellor con novas audiencias novas, pero supuxo tamén perder boa parte da identidade e do selo de calidade que tiña a reputada marca, polo que optaron por recuperala agora que a compañÃa está envolta nunha profunda reestruturación que segregará parte dos seus negocios para facilitar a supervivencia nun momento no que a competencia das plataformas de streaming está a ser especialmente dura.
O cambio de marca chega nun momento no que HBO Max conta cunha das estreas cinematográficas máis importantes do ano (o filme Los Pecadores de Ryan Coogler) e prepárase para recibir a triloxÃa do Señor dos Aneis e as sagas Expediente Warran e Annabelle, mentres que en series estreará este mesmo venres Furia, serie de 8 episodios dirixida por Félix Sabroso, coa participación de Alberto San Juan, Claudia Salas, Pilar Castro, Candela Peña, Nathalie Poza e Cecilia Roth.
