Max Payne 3 estrea versión para OS X

xoves, 20 de xuño do 2013 Marcus Fernández

O xogo que trouxo de retorno as aventuras de Max Payne tras unha longa ausencia chega hoxe oficialmente á Mac App Store a un prezo de 35,99 euros, de xeito que os usuarios de OS X 10.7.5 ou superior que teñan un equipo relativamente potente (precisa dun procesador Intel Dual Core Xeon ou Core i Series a un mínimo de 2,4 GHz, 4 Gb de RAM e gráfica nVIDIA 8800GT con 512 Mb de memoria de vídeo ou AMD Radeon HD 4870 con 512 Mb de memoria de vídeo) e 40 Gb de espazo de disco libre poderán facerse con Max Payne 3, traendo de volta as populares mecánicas de tempo bala que caracterizan a esta saga.
O xogo chega con opcións avanzadas para axustar o seu nivel gráfico, conta con texturas e modelados de alta resolución.3D e modo multi-xogador que permite o xogo cruzado con xogadores da versión de PC deste título.
Max Payne 3 conta cunha coidada historia na que percorre distintos anos e localizacións posteriores aos eventos de Max Payne 2, correndo a acción principal en Brasil, onde Payne traballa como responsable de seguridade dunha familia rica que vese afectada por unha trama de traizóns que comeza co secuestro da filla dun rico magnate inmobiliario.

PUBLICIDADE