Marvel vs Capcom 2 chegará ás consolas de alta definición no verán

martes, 28 de abril do 2009 Marcus Fernández

O xogo de loita Marvel vs Capcom 2: New Age of Heroes é todo un clásico de éxito en máquinas recreativas e nas súas distintas conversións a videoconsola, e agora confirman que no verán poderá descargarse nas tendas virtuais da Xbox 360 e PlayStation 3 un remake deste título que pretendería así seguir os pasos do Street Fighter II.
Para aliviar a espera, este xoves chegará á PlayStation Network unha versión de demostración o xogo, que permitirá xogar a dous xogadores en local, elixir entre 6 personaxes (Ryu, Chun-Li, Strider, Spider-Man, Iron Man e Wolverine), 7 escenarios seleccionables, gráficos a 1.080p, podendo funcionar tanto a 4:3 como a 16:9 e con 2 filtros gráficos diferentes para presentar en pantalla os gráficos dos personaxes (o que tamén fan outros remakes de xogos clásicos).

Comparación dos distintos modos gráficos que presentará o xogo

Marvel vs Capcom 2 nesta nova conversión está baseada no código da versión que chegara para Dreamcast, con 56 personaxes xogables (sacados de xogos coma Street Fighter, Mega Man e Darkstalkers, así coma de comics de La Patrulla X, Los Vengadores e Spider-Man) e a opción de personalizar a música mentres xogamos. O modo en liña de 1 contra 1 sorprende pola posibilidade de aceptar ata 2 espectadores.
No tocante os modos gráficos, o xogo pode verse coa súa aparencia clásica, cun modo suavizado e outro enfocado, de xeito que se adaptaría aos gustos do xogador e os distintos tipos de pantalla nos que pode verse o xogo (pois as diferenzas entre un televisor CRT e unha pantalla TFT son notables neste tipo de títulos, pois pola contra de cómo fixeran con Super Street Fighter II Turbo HD Remix, este remake non ten gráficos renovados, senón que simplemente pasan por certos filtros gráficos).


Trailer de Marvel vs Capcom 2

PUBLICIDADE