Marvel’s Spider-Man 2 inspira o deseño dunha PS5
venres, 21 de xullo do 2023
No marco da Comic-Con de San Diego presentouse o novo
tráiler do xogo Marvel’s
Spider-Man 2, que chegará a PlayStation 5 o 20 de outubro, e
coñecedores de que esta franquÃa ten un grande peso no catálogo de PlayStation
decidiron acompañar o xogo con outros produtos inspirados no mesmo, como será unha
consola PlayStation 5 en edición limitada que presenta tanto unha carcasa
como un mando sen fÃos cunha estética que reflicte a nova entrega do tÃtulo de
Insomniac Games.
No caso da carcasa da PS5 vemos como a icona de Spider-Man está nun lateral en
cor branca sobre un fondo vermello que está a ser infestado por un simbionte,
mentres que no outro lateral a icona está directamente sobre fondo negro,
deixando claro que Venom xogará un rol moi importante en Spider-Man 2.
No caso do mando sen fÃos, o mando é maioritariamente negro, quedando o
vermello só en parte dun lateral que semella estar sendo invadido por un
simbionte, o que achégalle certa personalidade. Tanto a carcasa para a PS5 como
o mando sen fÃos poderán adquirirse por separado, de xeito que os máis
entusiastas do trepamuros de Marvel non teñen por que mercar unha PS5 nova de
querer gozar dunha experiencia máis personalizada a nivel estético.
Os produtos inspirados en Marvel’s Spider-Man 2 poderán reservarse a
partir do 28 de xullo, prevéndose a súa chegada ás tendas o 1 de setembro,
anticipándose ao lanzamento do xogo que estará protagonizado por Peter Parker e
Miles Morales.
Tráiler de Marvel’s Spider-Man 2