Mario Kart Tour é o mellor lanzamento móbil de Nintendo
venres, 27 de setembro do 2019
A
chega a móbiles de Mario Kart Tour serÃa o lanzamento máis importante
de Nintendo para dispositivos móbiles, superando por moito ao Super Mario
Run, confirmando o pulo da franquÃa de Mario Kart, aÃnda que será
preciso deixar pasar bastantes semanas para saber se a fórmula de free-to-play
adoptada nesta ocasión (que permite tanto mercar moedas do xogo como facerse
cunha subscrición mensual que desbloquea o modo de xogo máis rápido) é
realmente atinada.
Segundo SensorTower o Mario Kart Tour terÃa superado os 20 millóns de
descargas nas súas primeiras 24 horas, chegando a 1 millóns de dólares en
ingresos, resultados moi prometedores que os comparamos con Super Mario Run (7
millóns de descargas), Fire Emblem Heroes (1,8 millóns de descargas), Animal
Crossing Pocket Camp (1,7 millóns de descargas), Dr. Mario World (650.000
descargas) e Dragalia Lost (150.000 descargas).
No que se refire aos ingresos, dende SensorTower apuntan aseguran que nas
primeiras 24 horas conseguiu 1 millóns de dólares, o que queda lonxe dos 4,3
millóns que conseguiu no seu dÃa Fire Emblem Heroes, pero nesta ocasión
non é significativo do éxito do xogo, xa que probablemente teñan un comezo
lento, xa que os usuarios non teñen a necesidade de pagar até que avanzan bastante,
e as subscricións de 5,49 euros/mes a través do pase dourado poderÃan ser a
chave do éxito deste tÃtulo, de conseguir captar a un bo número de usuarios fieis.
O xogo tamén contará con actualizacións frecuentes, de xeito que os xogadores
verÃanse animados a xogar a longo prazo, de xeito que até dentro duns meses non
saberemos se a aposta de Nintendo foi atinada, pero semella que é asÃ, e que os
cambios incluÃdos na xogabilidade de Mario Kart Tour farán que non
erosione as vendas dos Mario Kart de consola, polo que conseguirán ter
ingresos por ambas canles.