Mario Kart Tour deixará de recibir contido novo
luns, 11 de setembro do 2023
Nos últimos anos
Nintendo quixo trasladar o seu éxito a dispositivos móbiles, aproveitando o
xigantesco volume de negocio que teñen os xogos para teléfonos e tabletas, pero
aÃnda que conseguiron volumes de descargas máis que aceptables, os ingresos
producidos non xustificaban en absoluto sacrificar potencialmente vendas de
consola, coas que acadan moitos máis cartos por usuario.
Non sorprende asà que Nintendo estea en retirada do negocio móbil, pero si que
resulta un tanto rechamante que agora fagan tal co seu
mellor lanzamento móbil, Mario Kart Tour, que está a informar aos seus
usuarios do seu calendario de actualizacións, advertindo de que a partir do 4
de outubro o contido das tempadas consistirá unicamente no que aparecese en tempadas
anteriores, ou sexa, que non se incorporarán novos circuÃtos, pilotos ou vehÃculos,
de xeito que podemos entender que estamos ante o comezo do fin do Mario Kart
para móbiles, que continuará a funcionar, pero sen recibir actualizacións.
Queda por ver se a longo prazo tamén retirarán o xogo das tendas de aplicacións,
algo que parece previsible, xa que non son poucos os usuarios que poden conformarse
coa experiencia móbil e asà non mercan a versión para a consola de Nintendo que
estea vixente en cada momento. Ou sexa, que é bastante probable que o Mario
Kart Tour estea a preparar a súa despedida para que, cando chegue a consola
sucesora da Nintendo Switch (previsiblemente o ano que vén) os xogadores
merquen unha vez máis o Mario Kart (que segue a ser o xogo estrela de
cada xeración de consolas da compañÃa nipoa).