Marco dixital con reprodución de vídeo e alarma

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os marcos dixitais xa non se limitan á visualización de fotografías, e o Framee-L de iriver permite utilizar a súa pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, aparte de para ver imaxes en formato JPEG, para reproducir vídeos en formatos MPEG-4 AVC/H.264, AVI e MPEG, podendo tamén reproducir música en MP3, WMA e WAV.
Os contidos a reproducir se poden cargar de tarxetas de memoria SD/MMC/MS/CF ou USB ou da súa memoria interna de 1 Gb de capacidade. Para completar este dispositivo que se vende no Xapón por 17.800 iens (145,96 euros) tamén conta con función de alarma.

PUBLICIDADE