Marco dixital con TDT

martes, 8 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Innovar nos marcos dixitais é unha tarefa complicada, pois este tipo de produtos teñen que manter un prezo moi axustado ante a elevada competencia, de aí que sorprenda bastante que ASUKA presentase na feira IFA 2009 o SK700, un marco de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles que integra un sintonizador de Televisión Dixital Terrestre (con soporte de EPG, subtítulos e teletexto), sintonizador de radio FM con RDS, reprodución multimedia (música, fotografías e películas) e altofalante integrado.
Amais, contará con 2 ou 4 Gb de memoria interna ampliable a través de tarxetas SD/MMC de ata 32 Gb e incluso poderá gravar o sinal televisivo e amosar vídeo dende fontes externas. Polo momento non detallan o seu prezo final nin a data de comercialización.

PUBLICIDADE