Mandos a distancia para presentacións de Logitech
mércores, 5 de agosto do 2009
Para os
profesionais que realizan habitualmente presentacións de PowerPoint (ou
semellantes) Logitech lanza un
par de mandos a distancia que permiten controlar sen fÃos o software de
presentacións e integra un punteiro láser para sinalar na pantalla
os elementos que queiran destacarse.
O mando máis básico serÃa o Logitech
Wireless Presenter R400, que ten unha cobertura de 15 metros e conta
cun punteiro de láser vermello, mentres que os usuarios máis esixentes poden
optar polo Logitech
Professional Presenter R800, que ten unha cobertura de 30 metros,
conta cun punteiro de láser verde e integra unha pantalla LCD na que podemos
ver o tempo transcorrido nas presentacións e mesmo conta con vibración para
realizar alertas silenciosas que
axuden a manter un ritmo constante durante unha exposición sen ter que mirar o
reloxo indiscretamente. Estes mandos véndense a 49,99 e 99,99 dólares
respectivamente, e ambos inclúen o seu correspondente receptor USB.
- O Logitech Professional Presenter R800 ten unha cobertura de 30 metros e conta con pantalla LCD e vibración