Mando de Star Wars con xogos integrados

martes, 11 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os joysticks con xogos integrados que funcionan con só conectalos a un televisor son uns dispositivos moi prezados por nostálxicos a vellos videoxogos ou coma agasallo no Nadal, e os seguidores da saga galáctica de George Lucas poderán mercar a través da Internet por 25 dólares (17 euros) o Star Wars Plug & Play, que é un destes mandos que presenta unha pequena réplica do Falcón Milenario na súa base e permite rememorar varias escenas das películas da Guerra nas Estrelas.

Imaxe do xogo de espadas de luz incorporado

O mando inclúe 4 xogos que nos sitúan no asalto de Hoth (onde se terá que derrotar ás forzas de terra da Armada Imperial), a batalla de Endor (con Chewbacca procurando destruír o xerador da Estrela da Morte no planeta dos Ewoks), tomar o control dun X-Wing e recrear os duelos con espadas de luz.
O Star Wars Plug & Play conéctase ó televisor mediante cables RCA.

PUBLICIDADE