Mando a distancia universal con forma de coxín

luns, 15 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Os mandos a distancia son habitualmente uns dispositivos populares por invadir os salóns dos nosos fogares, de aí que dende hai tempo existan no mercado numerosos mandos universais que dende un único trebello permite controlar distintos dispositivos coma un televisor, un reprodutor de DVD e un sintonizador de televisión vía satélite, pero na Brookstone levan un paso adiante este tipo de mandos poñendo á venda un con forma de coxín que é funciona con ata 6 dispositivos distintos e que está á venda por 29,95 dólares (20,04 euros).
O Pillow Remote Control incorpora un transmisor de amplo rango con LED de infravermellos integrado, funciona con 2 pilas AAA, a súa base de datos inclúe códigos para uns 500 dispositivos controlables e, aínda que a comodidade deste mando é discutible, o que parece evidente é que será difícil de perder.

PUBLICIDADE