Mando a distancia de Sony para cativos

xoves, 21 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Pensando nos cativos da casa, Sony puxo á venda nos EE.UU. por 14,99-18 dólares (10,78-12,94 euros) o mando a distancia RM-KZ1, que destaca polo seu deseño infantil (cores rechamantes, botóns con formas…) e por incorporar prestacións como unha grande resistencia, un compartimento de seguridade para que os cativos non poidan acceder ás pilas do mando, sete botóns programables como atallos ás canles favoritas dos cativos (seleccionadas polos seus proxenitores) e un limitador de volume (que impide a modificación do volume en ata 3 puntos dentro da mesma media hora.
O mando tamén agocha na súa parte inferior un pequeno teclado completo de mando a distancia.

PUBLICIDADE