Maletín de ordenador con paneis solares

mércores, 29 de abril do 2009 Marcus Fernández

Powersafer propón coma solución para incrementar a mobilidade do noso escritorio informático o uso do novo maletín Solar Computer Bag, que non só protexe o ordenador portátil fronte as agresións do seu traslado, senón que inclúe paneis solares flexibles que poderían darta ata 2 horas de autonomía adicional ao noso equipo (pois alimentan unha batería integrada no maletín), ou tamén para cargar os nosos trebellos electrónicos (reprodutores de MP3, móbiles, etc.) pois inclúe adaptadores para distintos tipos de conector de carga.
O maletín tamén inclúe multitude de petos e interior acolchado, aínda que o seu prezo é bastante elevado (300 euros) para só facer de batería adicional.

PUBLICIDADE