Máis de 170 estudantes xúntanse esta semana no Torneo de Robótica do Campus de Ferrol
martes, 26 de marzo do 2019
A
robótica crea e reforza vencellos, estimula capacidades e vocacións
e fomenta o intercambio de coñecemento entre xente de distinta idade
e formación. Por estas e outras razóns, a
Escola Universitaria Politécnica (EUP) do Campus de Ferrol vai
organizar esta semana, o xoves 28, a segunda edición do seu Torneo
de Robótica. A cita dará comezo ás 9.30, cando o director do
centro da UDC, Andrés Piñón, reciba aos máis de 170 estudantes de
secundaria, bacharelato e FP que participan no certame.
Nesta
segunda edición, concorre alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño;
dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES
Ferrol Vello, SofÃa Casanova e Catabois, de Ferrol; do IES San
Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de
Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.
Divididos
en 39 equipos, os estudantes terán que superar tres retos: un
sigue-liñas con obstáculos, a proba do varreendeiro e unha
competición de sumo. No primeiro desafÃo, o robot terá que seguir
unha traxectoria impresa e salvar aqueles atrancos que se interpoñan
no seu camiño. Na segunda das probas, os participantes empregarán
algoritmos semellantes aos que utilizan as aspiradoras smart
ou as máquinas de cortar o céspede para varrer todos os obxectos do
taboleiro (acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga o
obxectivo marcado no menor tempo posÃbel). Por último, na
competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun combate
no que deben expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. O
robot empregado será un Mbot Ranger.
O
xurado estará integrado polo profesorado e alumando da Escola
Universitaria Politécnica. A entrega de premios terá lugar no salón
de actos do centro ás 13:00 horas. A vicerreitora do Campus de
Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, será a
encargada de pechar a cita.