Mahjongg Artifacts achega un atractivo solitario á PSP
mércores, 9 de xuño do 2010- Mahjongg Artifacts cun deseño de fichas inspirado en Grecia
A PlayStation Network incorporou hoxe
á súa tenda de descargas un novo xogo mini
a 4,99 euros, Mahjongg
Artifacts, que é un interesante tÃtulo baseado nun solitario coñecido coma Shanghai e que
tradicionalmente xógase con fichas de MahJong, e que consiste en atopar
parellas de pezas amontoadas, que poden apartarse do taboleiro só cando estean
en posicións exteriores, ou sexa, cando
non teñan outra peza enriba ou bloqueando os seus lados, mesturando estratexia
e agudeza visual, pero que desta volta disfrázase cunha historia de xeito que
avanzarase a través de 25 deseños de 5 exóticas culturas (China, Grecia, Exipto,
México e Atlántida) que serven de debuxo para as pezas do xogo.
Tamén é posible xogar nun modo clásico no que o número de deseños dispoñibles
serán seleccionables polo xogador entre un total de 100, con 27 fondos. Cómpre
destacar que Mahjongg Artifacts non
só funciona na PSP, senón que é compatible coa PS3.
- O xogo emprega fichas de MahJong