Mafia III chega ás tendas de videoxogos

venres, 7 de outubro do 2016 Marcus Fernández

2K pon hoxe á venda o xogo desenvolvido por Hangar 13 que continúa unha franquía de grande éxito, Mafia III, que podemos mercar para PC, Xbox One e PlayStation 4, existindo tamén un xogo de combates RPG para móbiles que podemos descargar de balde para iOS e para Android, Mafia III: Rivales, que parece deseñado simplemente para promocionar a marca do seu xogo grande.
A versión para ordenadores persoais ten un prezo de 49,99 euros, mentres que nas consolas de nova xeración haberá que pagar 69,99 euros para facerse con este novo título.
Mafia III está ambientado 6 anos despois de Mafia II, mudando a clásica narrativa cinematográfica de Mafia cara a un mundo aberto, no que Lincoln Clay desenvolverá a súa vinganza contra a mafia italiana. O protagonista do xogo, terá que levantar unha nova familia das cinsas da anterior e rematar ao responsable da aniquilación da mafia negra.
Neste novo xogo os tiroteos, as loitas a puñazos, e a condución temeraria invadiran as rúas de New Bordeaux, a New Orleans de 1968 reinventada, na que haberá que ensuciar as mans para chegar ao máis alto dos baixos fondos.

A violencia asolagará as rúas de New Bordeaux en Mafia III

Tráiler de lanzamento de Mafia III

PUBLICIDADE