Mad Catz prepara novos mandos para os xogadores profesionais
martes, 23 de agosto do 2011- Os Arcade FighStick Tournament Edition estarán fabricados con compoñentes de máquina recreativa
O
popular fabricante de sistemas de control para videoxogos Mad Catz vén de
anunciar os seus novos
mandos para Xbox 360 e PlayStation 3 baixo licenza da Grande Liga Profesional
de Videoxogos (MLG) que poderán verse a partir do vindeiro venres no MLG Pro Circuit que terá lugar no Centro
de Convencións de Raleigh, e que estarán dispoñibles nas tendas antes do Nadal.
Os novos produtos prometen unha alta calidade, de xeito que o Major League Gaming Arcade
FightStick Tournament Edition utiliza compoñentes de máquinas recreativas
fabricados por Sanwa Denshi, mentres que o mando Major League Pro-Circuit
Controller opta por permitir aos xogadores a personalización dos seus
elementos chave (por exemplo, é posible intercambiar as posicións dos controis
analóxicos e dixitais do mando).
Outro detalle que indica a profesionalidade
destes atractivos accesorios é o seu prezo, pois os MLG Arcade
FightStick Tournament Edition xa poden reservarse a un prezo de 159,99 dólares
(110,87 euros).
- Nos Pro-Circuit Controllers será posible cambiar as disposicións dos controis (podendo intercambiar a cruceta cun stick analóxico).